mércores, 11 de marzo de 2020

21 de marzo. Día Mundial da Poesía



Para celebrarmos o día Mundial da Poesía, 21 de marzo,  imos  facer un videopoema con "Irmaus" de Celso Emilio Ferreiro.
O traballo, voluntario, debe ter:


  • Deberá figurar na portada o título do poema, obra onde aparece, data de publicación e autor
  • Debera figurar  a autoría do traballo
  • Imaxes propias ou libres de dereitos de autor
  • O texto recitado
  • Poderá haber música de fondo
  • O texto poderá aparecer sobreimpresionado na pantalla
  • Enviar ao correo Iconcepcion@iesdavidbujan.com antes do 22 de marzo
TEXTO

Irmáus

Camiñan ao meu rente moitos homes.
Non os coñezo. Sonme estranos.
Pero tí, que te alcontras alá lonxe,
máis alá dos desertos e dos lagos,
máis alá das sabanas e das illas,
coma un irmáu che falo.

Si é túa a miña noite,
si choran os meus ollos o teu pranto,
si os nosos berros son igoales,
coma un irmáu che falo.
Anque as nosas palabras sean distintas,
e tí negro i eu branco,
si temos semellantes as feridas,
coma un irmáu che falo.
Por enriba de tódalas fronteiras,
por enriba de muros e valados,
si os nosos soños son igoales,
coma un irmáu che falo.
Común temos a patria,
común a loita, ambos.
A miña mau che dou,
coma un irmáu che falo.
Longa noite de pedra 1962


Ningún comentario:

Publicar un comentario