Amosando publicacións coa etiqueta Literatura. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Literatura. Amosar todas as publicacións

sábado, 4 de abril de 2020

Prosa de posguerra (1936-1975). I. Teoría e práctica


 ACTIVIDADES
  • Visionar a presentación explicativa da 1ª parte da narrativa de posguerra 
  • Ler páxs. 118-119 do libro de texto
  • Estudar tema e resumo que se adxunta. Resumo tema parte I
  • Ler conto de Ánxel Fole "Antón de Cidrán" e fixarse nas sús características . 
      • Facer un resumo oral do mesmo e enviar á profesora co seguinte asunto:RESUMO ANTÓN DE CIDRÁN
        • Tempo : entre 1 e 1:30
        • Coidar a correccción lingüistica , entoación, precisión, ...
        • Prazo 21 de abril
    • act Ler o conto de Xosé Neira Vilas "Lucinda" e fixarse nas súas características.
        • Facer un audio coa lectura de  "Lucinda" e enviar á profesora  co seguinte asunto: LECTURA LUCINDA
        • Coidar unha lectura pausada, precisa, fluida, ...
        • Prazo : 21 de abril
    • Visionar  a curtametraxe  "Os defuntos falaban castelao" de Algarabía animación  basado nun conto de A.  Fole co mesmo título.O conto podes lelo aquí
  • Segunda parte do tema ( NNG)
    • Visionar a presentación  explicativa que está a seguir 

ACTIVIDADES
  • Estudar  o resumo. Resumo do tema . Parte 2
  • Ler o conto de  " O xogo da guerra" de Carlos casares. Aqui o conto completo
    • Enviar audio desta lectura. 
      • Asunto: AUDIO O XOGO
      • Data: 24 de abril
    • Facer un pequeno texto  onde se  faga un pequeno resumo e  se citen, ou anlicen,   as características da nova narrativa que se observan no relato. Enviar pdf . Coidar a lingua e expresión, así como a presentación 
      • Asunto: TEXTO: CASARES
      • Data: 24 de abril
    • Aquí tes unha adaptación do conto  á pequena pantalla feita alumnado do IES de Xinzo da Limia, vila de nacemento de Casares. Espero que che guste e axude a comprender o conto

mércores, 11 de marzo de 2020

Celso Emilio Ferreiro. Irmaus

TEXTO

Irmáus

Camiñan ao meu rente moitos homes.
Non os coñezo. Sonme estranos.
Pero tí, que te alcontras alá lonxe,
máis alá dos desertos e dos lagos,
máis alá das sabanas e das illas,
coma un irmáu che falo.

Si é túa a miña noite,
si choran os meus ollos o teu pranto,
si os nosos berros son igoales,
coma un irmáu che falo.
Anque as nosas palabras sean distintas,
e tí negro i eu branco,
si temos semellantes as feridas,
coma un irmáu che falo.
Por enriba de tódalas fronteiras,
por enriba de muros e valados,
si os nosos soños son igoales,
coma un irmáu che falo.
Común temos a patria,
común a loita, ambos.
A miña mau che dou,
coma un irmáu che falo.
Longa noite de pedra 1962




Notas para un comentario

Introdución.Localización 

Pertence ao libro Longa noite de pedra (1962). Os poemas deste libro foron escritos desde 1936, algúns mentres estivo preso no convento de Celanova. 
O título do libro, que tamén é o título do primeiro poema, simboliza a situación social, política e histórica de Galicia e España durante a ditadura franquista.
Pertence á liña social da súa poesía e ten como tema principal a denuncia da situación de inxustiza e opresión que se vive baixo o réxime franquista.

Tema.

No poema faise unha apelación á solidariedade. É un canto solidario co ser humano de calquera latitude que estea a padecer dor, opresión ou sexa vítima das desigualdades sociais. Celso Emilio, como home de ideas marxistas, ergue a súa voz nun canto de solidariedade internacional reivindicando a irmandade de todos os que estean unidos por calquera tipo de sufrimento.

Estrutura.

Poema de 22 versos libres cun estilo directo (fáloche a ti) e claro. A importancia recae no contido

- V. 1-6: a voz poética é solidaria con todos os cidadáns do mundo, aínda que non coñece nin sequera os que van ao seu carón.

- V. 7-10: solidarízase con todos os que padecen calamidades e falta de liberdade.

- V. 11-14: aínda que estan separados pola lingua, están unidos polo sufrimento.

- V. 15-18: séntese solidario, por riba das fronteiras, con todos os que teñen como soño a liberdade.

- V. 19-22:  manifesta o seu compromiso internacionalista: temos unha patria común e debemos estar unidos na loita pola consecución da liberdade.

A voz poética diríxese a un "ti" colectivo: a todos os cidadáns do mundo que teñen en común as coitas e tamén os ideais, máis alá de razas, fronteiras, patrias ou linguas que os arredan.


Recursos estilísticos.

  • Metáfora: V. 7 "se é túa a miña noite", a noite é a falta de liberdade, opresión.
  • Emprego do condicional: "se é túa, se os nosos berros, se temos semellantes" para delimitar a quen se dirixe, só ten como receptores eses que sofren.

  • Paralelismo: V. 15-16.
  • Anáfora: V. 4-5, V. 7-8-9-13-17, V. 19-20.
  • Retrouso ou refrán: "coma un irmáu che falo" repítese ao final de cada agrupación de versos.
Estes tres últimos recursos de repetición danlle unidade e ritmo  á composición e reiteran a idea focal: solidariedade entre todos os que sofren.