sábado, 20 de xuño de 2020

Proba extraordinaria. Setembro 2020


Contidos proba de setembro 2020
  • Libro de lectura (preguntas de comprensión e vocabulario) 
    • Libro: A viaxe de Gagarin, A. Fernández Paz ( Xerais)
  • Texto do xornal (resumo, ideas, temas, título)
  • Sintaxe (oración simple: clasificacións, funcións, unidades, análise,  sintagamas...)
  • Repaso da morfoloxía de 3º (as categorías das palabras - clases de palabras- verbos, pronomes, perífrases, ortografía, ...)
  • A abreviación
  • Os nomes das cousas ( do tema 1 ao 6)
  • Tradución de relatos en cadea
  • Literatura  ( de 1900 ao 1975- poesía, teatro e novela-)
  • Historia da lingua ( de 1900 a 1975).
    • Todos estes contidos  atópanse no libro de texto ( do tema 1 ao tema 6, excepto a sintaxe, pois viuse toda a oración simple)
  • Oral: lembrade que quen non fixo as actividades orais durante o curso debe facer o exame oral en setembro

MATERIAL DE REFORZO
  • Revisar todos estes contidos, así como as actividades feitas durante o curso.
  • Neste mesmo blog xa hai material de reforzo e recuperación para preparar estas aprendizaxes.revisar entradas creadas durante o curso.
  • Poderase colgar máis material de reforzo

luns, 25 de maio de 2020

PROBAS DE AVALIACIÓN. Traballos voluntarios

Traballos voluntarios para subir nota no apartado de tarefas ( traballos, ...) 


  • TEMA 1
    • Facer os exercicios da páxina 36. Lembrade que xa foron feitos e corrixidos na aula
      • Facer nun folio branco, á man, copiando os enunciados, preguntas, ... todo menos o texto do inicio. Facer de foma persoal, é dicir, sen copiar dun compañeir@.
      • Facer completos, suficientemente desenvolvidos, sen abreviaturas nin resumos,  claros , precisos  e respectando as nomas lingüisticas e de presentación.
      • Lembra que a teoría para facer eses exercicios está no tema correspondente ( que foi traballado na aula) se tes dúbidas, pregunta polo correo.
      • Prazo de entrega ata o día 12 de xuño de 2020
      • Enviar ao correo da profe co seguinte asunto. PROBA AVALIACIÓN 1

  • TEMA 2

    • Facer os exercicios da páxina 64. Lembrade que xa foron feitos e corrixidos na aula
      • Facer nun folio branco, á man, copiando os enunciados, preguntas, ... todo menos o texto do inicio. Facer de foma persoal, é dicir, sen copiar dun compañeir@.
      • Facer completos, suficientemente desenvolvidos, sen abreviaturas nin resumos,  claros , precisos  e respectando as nomas lingüisticas e de presentación
      • Lembra que a teoría para facer eses exercicios está no tema correspondente ( que foi traballado na aula) se tes dúbidas, pregunta polo correo.
      • Prazo de entrega ata o día 12 de xuño de 2020
      • Enviar ao correo da profe co seguinte asunto. PROBA AVALIACIÓN 2

  • TEMA 3
    • Facer os exercicios da páxina  88. Lembrade que xa foron feitos e corrixidos na aula
      • Facer nun folio branco, á man, copiando os enunciados, preguntas, ... todo menos o texto do inicio. Facer de foma persoal, é dicir, sen copiar dun compañeir@.
      • Facer completos, suficientemente desenvolvidos, sen abreviaturas nin resumos,  claros , precisos  e respectando as nomas lingüisticas e de presentación
      • Lembra que a teoría para facer eses exercicios está no tema correspondente ( que foi traballado na aula) se tes dúbidas, pregunta polo correo.
      • Prazo de entrega ata o día 12 de xuño de 2020
      • Enviar ao correo da profe co seguinte asunto. PROBA AVALIACIÓN 3

  • TEMA 4
    • Facer os exercicios da páxina  116. Lembrade que xa foron feitos e corrixidos na aula
      • Facer nun folio branco, á man, copiando os enunciados, preguntas, ... todo menos o texto do inicio. Facer de foma persoal, é dicir, sen copiar dun compañeir@.
      • Facer completos, suficientemente desenvolvidos, sen abreviaturas nin resumos,  claros , precisos  e respectando as nomas lingüisticas e de presentación
      • Lembra que a teoría para facer eses exercicios está no tema correspondente ( que foi traballado na aula) se tes dúbidas, pregunta polo correo.
      • Prazo de entrega ata o día 12 de xuño de 2020
      • Enviar ao correo da profe co seguinte asunto. PROBA AVALIACIÓN 4

  • TEMA 5
    • Facer os exercicios da páxina  148. Lembrade que xa foron feitos e corrixidos na aula
      • Facer nun folio branco, á man, copiando os enunciados, preguntas, ... todo menos o texto do inicio. Facer de foma persoal, é dicir, sen copiar dun compañeir@.
      • Facer completos, suficientemente desenvolvidos, sen abreviaturas nin resumos,  claros , precisos  e respectando as nomas lingüisticas e de presentación
      • Lembra que a teoría para facer eses exercicios está no tema correspondente ( que foi traballado na aula) se tes dúbidas, pregunta polo correo.
      • Prazo de entrega ata o día 12 de xuño de 2020
      • Enviar ao correo da profe co seguinte asunto. PROBA AVALIACIÓN 5

  • TEMA 6
    • Facer os exercicios da páxina  178. Lembrade que xa foron feitos e corrixidos na aula
      • Facer nun folio branco, á man, copiando os enunciados, preguntas, ... todo menos o texto do inicio. Facer de foma persoal, é dicir, sen copiar dun compañeir@.
      • Facer completos, suficientemente desenvolvidos, sen abreviaturas nin resumos,  claros , precisos  e respectando as nomas lingüisticas e de presentación
      • Lembra que a teoría para facer eses exercicios está no tema correspondente ( que foi traballado na aula) se tes dúbidas, pregunta polo correo.
      • Prazo de entrega ata o día 12 de xuño de 2020
      • Enviar ao correo da profe co seguinte asunto. PROBA AVALIACIÓN 6

xoves, 21 de maio de 2020

Lingua e sociedade ( recuperación, reforzo e ampliación)


Tema 1: Historia social da lingua de 1916 a 1936 ( Páxs. 28-29)

ACTIVIDADES
  • Facer os exercicios da páx 29: 1,2, 3 
  • Facer un resumo do tema ( 200-250 palabras). Coidar a corrección lingüística
  • Enviar á profe. Asunto: Historia da Lingua I
  • Data: 27 de maio
Tema 2: Historia social da lingua de 1936 a 1978 (Páxs. 56 e 57)
  • Material complementario. Esquema . Preme
  • Material complementario. Video. Prexuízos lingüísticos. Preme
ACTIVIDADES
  • Facer os exercicicos da páx 57: 1,2, 3 
  • Resumo do tema ( 200-250 palabras). Coidar a corrección lingüística
  • Pequena análise sobre a temática do vídeo 
  • Enviar á profe. Asunto: Historia da Lingua II
  • Data: 27 de maio
Tema 3: Historia social da lingua de 1978  á actualidade (Páxs. 80-81)
  • Material complementario: 
    • Vídeo Responsabilidade. Preme
    •  Vídeo Liberdade. Preme
ACTIVIDADES
  • Facer os exercicicos da páx 81: 1,2, 3  ( non o debate)
  • Resumo do tema ( 200-250 palabras). Coidar a corrección lingüística
  • facer un pequeno comentario sobre os dous vídeos
  • Enviar á profe. Asunto: Historia da Lingua III
  • Data: 29 de maio
Tema 4: Situación sociolingüística  actual en Galicia ( Páxs. 108-109)
  • Material complementario.: Vídeo "Escolle non escoller". Preme

ACTIVIDADES
  • Facer os exercicicos da páx 109: 1,2, 3  
  • Resumo e comentario  do  vídeo ( 200-250 palabras). Coidar a corrección lingüística
  • Enviar á profe. Asunto: Historia da Lingua IV
  • Data: 29 de maio
Tema 5: A situación socilingüistíca do estado español ( Páxs. 140-141)
  • Material complementario . Esquema. Preme 
ACTIVIDADES
  • Facer os exercicicos da páx 141: 1,2, 3  
  • Resumo do tema ( 200-250 palabras). Coidar a corrección lingüística
  • Enviar á profe. Asunto: Historia da Lingua V
  • Data: 1 de xuño
Tema 6: A planificación lingüística: normativización, ... ( Páxs. 170-171)
ACTIVIDADES
  • Facer os exercicicos da páx 171: 1 e  3  
  • Resumo do tema ( 150- 200 palabras). Coidar a corrección lingüística
  • Fai un pequeno comentario do vídeo que está arriba
  • Enviar á profe. Asunto: Historia da Lingua VI
  • Data: 3 de xuño

mércores, 20 de maio de 2020

Exercicio sintaxe


Segue as seguintes instruccións

  1. Debes coñecer o teu número de aula. Consulta, se o precisas ( 4º A e 4º C)
  2. Debes entrar no formulario, pñor o teu nome,  indicar o teu número de aula   e obterás a oración que debes analizar. Lembra darlle enviar ao formulario ( para que saiba que te presentaches e cal é a oración que che toca) pero non antes de copiar a oración nun papel.
  3. Analiza  (análise sintáctica e morfolóxica) a oración de xeito completo e claro. Coida a presentación.
  4. Despois envía un pdf  ao correo da profesora. Tés ata as 9.20. ollo ao tempo. Non se aceptarán  traballos que cheguen fóra de tempo. 
    • Preme na túa aula para comezar o exercicio

venres, 15 de maio de 2020

Día das Letras Galegas 2020. CARVALHO CALERO

( Caricatura de Carbalho feita por Siro)

O día 17 de maio celébrase o Día das Letras Galegas.  Este ano está dedicado á figura de Ricardo Carvalho Calero. 

ACTIVIDADE

Agora xa es unha experta e un experto de Carvalho Calero seguro que tes moi boa puntuación no seguinte xogo de dardos

mércores, 13 de maio de 2020

Léxico


Imos recuperar e amplia os apartados do léxico dos distintos  temas do libro.  Neste  caso imos recompilar os exercicios dos sete primeiros temas do libro do apartado  denominado " Os nomes das cousas".  Xa case todos se  fixeron e corrixiron na aula, pero é sobre todo unha actividade de recuperación. Ampliamos un tema máis ( noutro grupo dous). Consulta o dicionario se precisas axuda 

  • Actividade

Xunta nun único apartado os exercicios dos sete primeiros temas deste apartado 8  (non sei fai o exercicio de lingua oral: Soltamos a lingua, porque tampouco se fixo no seu momento, pero copiamos enunciados e frases, para poder corrixir). Fai un pdf ( hai aplicacións de móbil, ou ilovepdf) e envíao. Sei que moitos xa están feitos e corrixidos, pero é sobre todo unha actividade de repaso para aqueles que teñen que recuperar. Tamén se incluúe un tema novo.



venres, 8 de maio de 2020

Lectura. Textos literarios (reforzo e ampliación)

Textos para ler

ACTIVIDADE:
  • Ler os contos: comprensión e ampliar  vocabulario
  • Control de lectura ( preguntas de comprensión , vocabulario, autoría e  sobre as características literarias máis básicas)
  • Comentario de "Medicina legal", seguindo as pautas dadas na aula.
    • Data de entrega:
      • Control de lectura on line ( pendente de marcar)
      • Comentario: ata o 24 de maio 
        • Seguir as pautas dadas para o comentario de prosa ( Xeracón Nós). Un esquema moi parecido, e explicado, hai no apéndice do voso libro de texto.
        • Seguir as pautas dadas para a presentación de traballos escritos: portada ( información requirida), marxes xustidifados, letra formal, emprego de corrector, ... pdf. Deixo aquí un esquema  da presentación do glosario que vos pode servir de modelo, quitando o contido. Premer