xoves, 19 de decembro de 2019

Traballos obrigatorios




  • Traballo oral. Teño saudade. Gravación  o 17 de xaneiro
  •  Comentario prosa . Comentar un relato ( escoller entre O lobo da xente, "As onzas" , ou "O inglés"). Seguir o esquema do libro ( máis ou menos). Extensión entre 600 e 650 palabras. Entrega do traballo: antes do 26 de xaneiro.
  • Audio. Facer un audio ( escoller entre O inglés ou As onzas). Prazo: antes do 26 de xaneiro. Enviar a iconcepcion@iesdavidbujan.com

Libro de lectura:

  • Exame, principio de febreiro
  • Glosario (seguir as pautas da anterior avaliación). Entregar en papel (feito cun procesador de textos) o día do control de lectura d´A esmorga.
  • Audio d´A esmorga . Lectura expresiva durante 10 minutos do fragmento seleccionado polo alumno-a. Enviar ao enderezo anterior. Prazo máximo: día do control de lectura


2º Aval. Lectura. A esmorga

2ª AVALIACIÓN


  • A esmorga,  Eduardo Blanco Amor ( calquera edición )
MATERIAL COMPLEMENTARIO


  • Estudo
  • Obra de teatro ( Sarabela teatro)



Vocabulario I
Vocabulario II

Xeración Nós. Castelao



O inglés




Retrincos 

Xeración Nós. Otero Pedrayo


As onzas ( texto)
As Onzas (texto explicado)



martes, 3 de decembro de 2019

Exposición oral. O cambio climático


TEMA: Algún aspecto do cambio climático

 Exposición oral ( texto informativo e argumentativo: algún aspecto do problema e solución  persoal e que cada un de nós pode levar a cabo).

Características:
Tempo: 2 minutos (aceptable ( 1,50-2,10)
Texto de apoio: Ningún
Estrutura: -Saúdo
                 - Presentación do tema  (quen somos, de que tema imos falar e cal é o seu interese- breve-)
                 - Exposición do tema ( corpo da presentación: desenvolvemento do tema)
                 - Conclusión (recapitulación da idea máis importante)
                 - Despedida (dar as grazas e pedir posibles dúbidas ou preguntas)

Aspectos a valorar: - Lingua ( corrección, nivel e rexistro, volume, exposición fluída, tono, precisión léxica, ...)
                                - Contido ( interese, organizacion da información, dominio,seguridade, claridade, precisión ...)
                                - Expresión corporal e contacto visual

RECOMENDACIÓN

Buscar un tema interesante e orixinal (actual, próximo ao aínte e non moi complexo) e organiza e prepara  ben a exposición (non improvises)




Música. Teño saudade

Teño saudade