Amosando publicacións coa etiqueta Chíos de amor. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Chíos de amor. Amosar todas as publicacións

martes, 14 de xaneiro de 2020

Chíos de amor

Eu en tí

Eu xa te busquei,
cando o mundo era unha pedra intacta,
cando as cousas buscaban os seus nomes,
eu xa te buscaba.

Eu xa te procurei,
no comenzo dos mares e das chairas,
cando Deus procuraba compaña,
eu xa te procuraba.

Eu xa te chamei,
cando soio o vento soaba,
cando o silencio chamaba polas verbas,
eu xa te chamaba.

Eu xa te namorei,
cando o amor era unha folla branca,
cando a lúa namoraba ós altos cumes,
eu xa te namoraba.

Sempre, sempre,
dende a neve dos tempos,
sempre, sempre,
eu na túa alma.

Celso Emilio Ferreiro, O soño sulagado, 1954