sábado, 28 de marzo de 2020

Sintaxe. Tarefa e material complementario para o exame




TAREFA 1. Analizar a seguinte oración ( en árbore, caixas ou liñas):

Os tres gatos desta rúa non deixaron de miañar en toda a noite
(SOLUCIÓN)

Data de entrega: Martes, 31 de marzo
Tipo de documento: Fotografía 
Características: Limpo, coidado, organizado, ben lexible,...
Envío: á conta de correo habitual co seguinte asunto: ANÁLISE TRES GATOS

TAREFAS 2 Analizar a seguinte oración (en árbore, caixas ou liñas):

O noso xefe informou da mala situación da empresa na reunión de onte
(SOLUCIÓN)

Data de entrega: Mércores, 1 de marzo
Tipo de documento: Fotografía 
Características: Limpo, coidado, organizado, ben lexible,...
Envío: á conta de correo habitual co seguinte asunto: ANÁLISE O NOSO XEFE

TAREFA 3: Analizar ( en árbore, caixas ou liñas)

A sufrida profesora colocou na web varios exemplos de oracións analizadas
(SOLUCIÓN)

Data de entrega: Xoves , 2 de marzo
Tipo de documento: Fotografía 
Características: Limpo, coidado, organizado, ben lexible,...
Envío: á conta de correo habitual co seguinte asunto: ANÁLISE A SUFRIDA PROFESORA


MATERIAL DE AXUDA AO CONTROL E Á TAREFA

Aquí vou ir colgando análises feitas e nalgúns casos comentadas para a preparación do exame.  Só serán materia de exame as oracións aquí analizadas. Dentro deste material estarán as oracións que pedín facer xa na aula (aquelas que estaban ao final das fotocopias que vos dei xa no centro). Correxídeas agora.
 Revisade a entrada frecuentemente, porque ao longo dos días irei ampliando o material.

ORACIÓNS
1. O actor do Reino Unido golpeou o reporteiro na rúa.  Solución e comentario
2. A ese animal fáltalle toda a comida. Solución e comentario
3. Un cadro de Chagall foi roubado por uns descoñecidos. Solución e comentario
4. A conciencia é a agulla de marear humana. Solución e comentarios
5. Millóns de persoas sofren fame, pobreza e inxustiza. Solución e comentario




O corrector ortográfico

Probas de acceso a ciclos (GM). Material


1. Proba. A proba divídese en tres partes:
  • Sociolingüística: Lingua Castelá, Lingua Galega, Ciencias Sociais.
  • Matemática: Matemáticas.
  • Científico-técnica: Ciencias da natureza, Tecnoloxía. (Faise pola tarde)
2.Lingua galega. A proba consta de dous textos e vinte cuestións, distribuídas deste xeito:
    • Texto 1: cinco cuestións tipo test (comprensión e léxico)
    • Texto 2: cinco cuestións tipo test. (comprensión e léxico)
    • Bloque de dez cuestións tipo test. (cuestións variadas de lingua, nunca de literatura).
  • As cuestións tipo test teñen tres posibles respostas das que soamente unha é correcta.
  • Puntuación
    • 0,50 puntos por cuestión tipo test correctamente contestada.
    • Cada cuestión tipo test incorrecta restará 0,125 puntos.
    • As respostas en branco non descontará puntuación.
    • As respostas deben trasladarse ao final do exercicio. Ollo neste paso para non confundirse
    • No caso de marcar máis dunha resposta por pregunta considerarase como unha resposta en branco.
    • Observación : Só se aconsella marcar algunha  cuestión ao chou cando a dúbida está entre dúas opcións. Se a dúbida está entre as tres opcións, aconséllase deixar a cuestión en branco.
      • Modelo aquí ( neste modelo xa están as respostas. Na vosa proba é neste espazo que   debedes colocar as vosas respostas, pero podedes ir marcando a resposta correcta no  exame e, ao final, con coidado,  trasladar as solucións a ese espazo final).
  • Duración.  Este exercicio de Lingua Galega  terá unha duración máxima de 40 minutos ( faise xunto aos outros dous exercicios da parte socicolingüistica, que en total realizase  nun períosdo de 2 horas).
  • Modelos. reparten un modelo azul e un modelo amarelo. En realidade é a mesma proba pero cos textos e as preguntas cambiadas
  • Material. Aconsellable levar bolígrafo, lapis e goma
  • Ligazóns 
    • Aquí están os contidos cos temarios das distintas partes
    • Aquí todos os exames e solucións de todas as materias por convocatoria.
  • MATERIAL ELABORADO POR MIN  (resumos e probas, de acceso máis rápido, pero elaborado a partir do material da Xunta e dos exames realizados).
    • PROBAS  (para realizardes vós, depois colgaremos as solucións)

venres, 27 de marzo de 2020

Datas de controis e prazos de entrega de traballos

Para saber o prazo de entrega das cousas imos empregar o calendario de gogle calendar. Está nas lapelas do blog. Aquí un enlace.
Se vedes que estes prazos non se poden cumpriri avisade ás vosas delegadas para ver outro prazo.
xa están marcados o control de sintaxe e o de Matarte lentamente, coa correspondente entrega de traballos.

sábado, 21 de marzo de 2020

LIBRO DE LECTURA (3ª)


Para ir adiantando, imos cambiar o libro  de lectura da 3º avaliación.  O que había era moi longo. Imos pór dous máis curtos. Como non podedes saír á rúa, vouvos pasar eu un pdf  deles  e. Ao ser máis curto lévame menos facer o pdf.
 Nun prazo prudencial facemos o control on line. Así xa levamos traballo adiantado . Quen non o faga agora, farao ando comecen as clases.

O PRIMEIRO LIBRO:


  • Matarte lentamente, Diego Ameixeiras. Xerais


  • ( Este libro está dispoñible en Galicia Le, unha plataforma de préstamos de libros electrónicos e non só. Debido á situació que estamos atravesando ten unhas posibidadades de facerse socio dende a casa). Aquí tes o enlace

    De todas as formas eu vou colocar aquí o PDF .

    Presentación  da lectura

    Vídeo:

    TRABALLOS:
    • Glosario.Debe ser cun procesador de texto. Terá portada e glosario ( entre 40 e 60 palabras). Entregarase por correo, en pdf,   co asunto GLOSARIO MATARTE LENTAMENTE e o nome e curso e d@ alumn@. Deberá respectar as seguintes pautas. 
    • Traballo oral: lectura capítulo 42. Enviar audio co seguinte asunto: 4º A ( ou C) MATARTE LENTAMENTE

    venres, 20 de marzo de 2020

    Repaso. Ortografía


    1. Ficha de ortografía para repasar o H.
    • Facer ou arquivar no caderno
    • Enviar fotografía ao meu correo ( Pór como ASUNTO: ORTOGRAFÍA H)

    CORRECCIÓN. Sintaxe


    Consulta os vídeos. Son correlativos. Xa están todos eses exercicios corrixidos
    • PARTE I: 123456,  78
    • PARTE II: 1,2,3,4,5,6,7
    • PARTE III (últimos):1,2,3,4,5 e 6.
    Preguntade, se tedes dúbidas

    martes, 17 de marzo de 2020

    Corrección. Artigo opinión :Políticos. Rosa Montero

    Vas ti corrixír o teu  resumo

    • Aquí tes o resumo feito por min
    • Aquí tes  a rúbrica (aspectos a observar e posibles puntuacións) . Compárao co teu orixinal
    • Volve facer un resumo, tendo en conta o meu e todos os parámetros observables. 
    • Envía á profesora un pdf co exercicio xa corrixido e limpo. Ten en conta:
      • Pasar o corrector ortográfico ao texto. Preme
      • Debes ter en conta e coidar os parámetros  que puntúan. Ver a rúbrica
      • No arquivo debe, ao final, figurar  o número de palabras dentro dunhas parénteses e o nome do alumno ou alumna 
      • Envialo nun correo a iconcepcion@iesdavidbujan.com, como arquivo adxunto 
      • Pór como asunto: RESUMO CORRIXIDO POLÍTICOS
      • Prazo: domingo 29 de marzo (23:55). Vai contar para a segunda avaliación, porque xa se fixera na aula.

    luns, 16 de marzo de 2020

    Repaso. Sintaxe. Oración simple


    Repaso de sintaxe: Oración

    • Teoría e práctica
    • Vídeos que atopei sobre algunhas funcións que poden ser útiles
    • Páxinas do libro que traballan cada unha das funcións:
      • Suxeito e predicado: páxinas 110 e 111).
      • Complemento directo, indirecto e axente: páxinas 142 e 143
      • Complemento circunstancial e suplemento ( ou complemento preposicional): páxinas172 e 173. 
      • O atributo e o predicativo : páxinas 198 e 199
    Correccións  dos exercicios propostos AQUÍ

    sábado, 14 de marzo de 2020

    A ciencia nas árbores. Artigo de opinión

    A ciencia nas árbores

    ACTIVIDADE:

    • Facer as actividades solicitadas
    • Facer resumo tendo en conta os aspectos da rúbrica que se vai empregar. Ver
    • Utilizar o corrector (pero lembrar que o corrector non corrixe todo), xustificar as marxes, ... Ver
    • Facer un arquivo en pdf só do resumo (non a fotografía).
    • Enviar ao enderezo de sempre co asunto: RESUMO A CIENCIA
    • Prazo: 14 de abril

    Relatos en cadea 3


    Textos para traducir

    Peche das aulas


    Nestes días empregaremos o blog para subir material e seguir traballando. Os exercicios ídelos facendo no voso caderno, salvo que se pida que se envíen á conta iconcepcion@iesdavidbujan.com.
    Imos ir traballando aqueles contidos e competencias que se adpatan máis a este tipo de ensino.

    1ª Actividade

    - Memorizar o poema de Celso Emilio Ferreiro Irmaus. Aquí

    2ª Actividade

    - Tradución: Relatos en cadea 3

    3ª Actividade

    - Textos xornalístico. A ciencia nas árbores

    4ª Actividade

    - Repaso da oración Simple. Teoría e práctica ( Podes imprimir as páxinas e facelos directamente aí, ou no teu caderno, copiando os enunciados e as frases). Coida presentación, caligrafía e corrección lingüística. Aquí

    5ª Actividade
    • Corrección artigo de opinión Políticos. Preme
    6ª Avtividade.
    • Corrección Relatos en cadea 2. Preme

    mércores, 11 de marzo de 2020

    Celso Emilio Ferreiro. Irmaus

    TEXTO

    Irmáus

    Camiñan ao meu rente moitos homes.
    Non os coñezo. Sonme estranos.
    Pero tí, que te alcontras alá lonxe,
    máis alá dos desertos e dos lagos,
    máis alá das sabanas e das illas,
    coma un irmáu che falo.

    Si é túa a miña noite,
    si choran os meus ollos o teu pranto,
    si os nosos berros son igoales,
    coma un irmáu che falo.
    Anque as nosas palabras sean distintas,
    e tí negro i eu branco,
    si temos semellantes as feridas,
    coma un irmáu che falo.
    Por enriba de tódalas fronteiras,
    por enriba de muros e valados,
    si os nosos soños son igoales,
    coma un irmáu che falo.
    Común temos a patria,
    común a loita, ambos.
    A miña mau che dou,
    coma un irmáu che falo.
    Longa noite de pedra 1962




    Notas para un comentario

    Introdución.Localización 

    Pertence ao libro Longa noite de pedra (1962). Os poemas deste libro foron escritos desde 1936, algúns mentres estivo preso no convento de Celanova. 
    O título do libro, que tamén é o título do primeiro poema, simboliza a situación social, política e histórica de Galicia e España durante a ditadura franquista.
    Pertence á liña social da súa poesía e ten como tema principal a denuncia da situación de inxustiza e opresión que se vive baixo o réxime franquista.

    Tema.

    No poema faise unha apelación á solidariedade. É un canto solidario co ser humano de calquera latitude que estea a padecer dor, opresión ou sexa vítima das desigualdades sociais. Celso Emilio, como home de ideas marxistas, ergue a súa voz nun canto de solidariedade internacional reivindicando a irmandade de todos os que estean unidos por calquera tipo de sufrimento.

    Estrutura.

    Poema de 22 versos libres cun estilo directo (fáloche a ti) e claro. A importancia recae no contido

    - V. 1-6: a voz poética é solidaria con todos os cidadáns do mundo, aínda que non coñece nin sequera os que van ao seu carón.

    - V. 7-10: solidarízase con todos os que padecen calamidades e falta de liberdade.

    - V. 11-14: aínda que estan separados pola lingua, están unidos polo sufrimento.

    - V. 15-18: séntese solidario, por riba das fronteiras, con todos os que teñen como soño a liberdade.

    - V. 19-22:  manifesta o seu compromiso internacionalista: temos unha patria común e debemos estar unidos na loita pola consecución da liberdade.

    A voz poética diríxese a un "ti" colectivo: a todos os cidadáns do mundo que teñen en común as coitas e tamén os ideais, máis alá de razas, fronteiras, patrias ou linguas que os arredan.


    Recursos estilísticos.

    • Metáfora: V. 7 "se é túa a miña noite", a noite é a falta de liberdade, opresión.
    • Emprego do condicional: "se é túa, se os nosos berros, se temos semellantes" para delimitar a quen se dirixe, só ten como receptores eses que sofren.

    • Paralelismo: V. 15-16.
    • Anáfora: V. 4-5, V. 7-8-9-13-17, V. 19-20.
    • Retrouso ou refrán: "coma un irmáu che falo" repítese ao final de cada agrupación de versos.
    Estes tres últimos recursos de repetición danlle unidade e ritmo  á composición e reiteran a idea focal: solidariedade entre todos os que sofren.







    21 de marzo. Día Mundial da Poesía



    Para celebrarmos o día Mundial da Poesía, 21 de marzo,  imos  facer un videopoema con "Irmaus" de Celso Emilio Ferreiro.
    O traballo, voluntario, debe ter:


    • Deberá figurar na portada o título do poema, obra onde aparece, data de publicación e autor
    • Debera figurar  a autoría do traballo
    • Imaxes propias ou libres de dereitos de autor
    • O texto recitado
    • Poderá haber música de fondo
    • O texto poderá aparecer sobreimpresionado na pantalla
    • Enviar ao correo Iconcepcion@iesdavidbujan.com antes do 22 de marzo
    TEXTO

    Irmáus

    Camiñan ao meu rente moitos homes.
    Non os coñezo. Sonme estranos.
    Pero tí, que te alcontras alá lonxe,
    máis alá dos desertos e dos lagos,
    máis alá das sabanas e das illas,
    coma un irmáu che falo.

    Si é túa a miña noite,
    si choran os meus ollos o teu pranto,
    si os nosos berros son igoales,
    coma un irmáu che falo.
    Anque as nosas palabras sean distintas,
    e tí negro i eu branco,
    si temos semellantes as feridas,
    coma un irmáu che falo.
    Por enriba de tódalas fronteiras,
    por enriba de muros e valados,
    si os nosos soños son igoales,
    coma un irmáu che falo.
    Común temos a patria,
    común a loita, ambos.
    A miña mau che dou,
    coma un irmáu che falo.
    Longa noite de pedra 1962