martes, 14 de xaneiro de 2020

Chíos de amor

Eu en tí

Eu xa te busquei,
cando o mundo era unha pedra intacta,
cando as cousas buscaban os seus nomes,
eu xa te buscaba.

Eu xa te procurei,
no comenzo dos mares e das chairas,
cando Deus procuraba compaña,
eu xa te procuraba.

Eu xa te chamei,
cando soio o vento soaba,
cando o silencio chamaba polas verbas,
eu xa te chamaba.

Eu xa te namorei,
cando o amor era unha folla branca,
cando a lúa namoraba ós altos cumes,
eu xa te namoraba.

Sempre, sempre,
dende a neve dos tempos,
sempre, sempre,
eu na túa alma.

Celso Emilio Ferreiro, O soño sulagado, 1954

xoves, 19 de decembro de 2019

Traballos obrigatorios




  • Traballo oral. Teño saudade. Gravación  o 17 de xaneiro
  •  Comentario prosa . Comentar un relato ( escoller entre O lobo da xente, "As onzas" , ou "O inglés"). Seguir o esquema do libro ( máis ou menos). Extensión entre 600 e 650 palabras. Entrega do traballo: antes do 26 de xaneiro.
  • Audio. Facer un audio ( escoller entre O inglés ou As onzas). Prazo: antes do 26 de xaneiro. Enviar a iconcepcion@iesdavidbujan.com

Libro de lectura:

  • Exame, principio de febreiro
  • Glosario (seguir as pautas da anterior avaliación). Entregar en papel (feito cun procesador de textos) o día do control de lectura d´A esmorga.
  • Audio d´A esmorga . Lectura expresiva durante 10 minutos do fragmento seleccionado polo alumno-a. Enviar ao enderezo anterior. Prazo máximo: día do control de lectura


2º Aval. Lectura. A esmorga

2ª AVALIACIÓN


  • A esmorga,  Eduardo Blanco Amor ( calquera edición )
MATERIAL COMPLEMENTARIO


  • Estudo
  • Obra de teatro ( Sarabela teatro)



Vocabulario I
Vocabulario II

Xeración Nós. Castelao



O inglés




Retrincos 

Xeración Nós. Otero Pedrayo


As onzas ( texto)
As Onzas (texto explicado)