mércores, 20 de maio de 2020

Exercicio sintaxe


Segue as seguintes instruccións

  1. Debes coñecer o teu número de aula. Consulta, se o precisas ( 4º A e 4º C)
  2. Debes entrar no formulario, pñor o teu nome,  indicar o teu número de aula   e obterás a oración que debes analizar. Lembra darlle enviar ao formulario ( para que saiba que te presentaches e cal é a oración que che toca) pero non antes de copiar a oración nun papel.
  3. Analiza  (análise sintáctica e morfolóxica) a oración de xeito completo e claro. Coida a presentación.
  4. Despois envía un pdf  ao correo da profesora. Tés ata as 9.20. ollo ao tempo. Non se aceptarán  traballos que cheguen fóra de tempo. 
    • Preme na túa aula para comezar o exercicio

venres, 15 de maio de 2020

Día das Letras Galegas 2020. CARVALHO CALERO

( Caricatura de Carbalho feita por Siro)

O día 17 de maio celébrase o Día das Letras Galegas.  Este ano está dedicado á figura de Ricardo Carvalho Calero. 

ACTIVIDADE

Agora xa es unha experta e un experto de Carvalho Calero seguro que tes moi boa puntuación no seguinte xogo de dardos

mércores, 13 de maio de 2020

Léxico


Imos recuperar e amplia os apartados do léxico dos distintos  temas do libro.  Neste  caso imos recompilar os exercicios dos sete primeiros temas do libro do apartado  denominado " Os nomes das cousas".  Xa case todos se  fixeron e corrixiron na aula, pero é sobre todo unha actividade de recuperación. Ampliamos un tema máis ( noutro grupo dous). Consulta o dicionario se precisas axuda 

  • Actividade

Xunta nun único apartado os exercicios dos sete primeiros temas deste apartado 8  (non sei fai o exercicio de lingua oral: Soltamos a lingua, porque tampouco se fixo no seu momento, pero copiamos enunciados e frases, para poder corrixir). Fai un pdf ( hai aplicacións de móbil, ou ilovepdf) e envíao. Sei que moitos xa están feitos e corrixidos, pero é sobre todo unha actividade de repaso para aqueles que teñen que recuperar. Tamén se incluúe un tema novo.



venres, 8 de maio de 2020

Lectura. Textos literarios (reforzo e ampliación)

Textos para ler

ACTIVIDADE:
  • Ler os contos: comprensión e ampliar  vocabulario
  • Control de lectura ( preguntas de comprensión , vocabulario, autoría e  sobre as características literarias máis básicas)
  • Comentario de "Medicina legal", seguindo as pautas dadas na aula.
    • Data de entrega:
      • Control de lectura on line ( pendente de marcar)
      • Comentario: ata o 24 de maio 
        • Seguir as pautas dadas para o comentario de prosa ( Xeracón Nós). Un esquema moi parecido, e explicado, hai no apéndice do voso libro de texto.
        • Seguir as pautas dadas para a presentación de traballos escritos: portada ( información requirida), marxes xustidifados, letra formal, emprego de corrector, ... pdf. Deixo aquí un esquema  da presentación do glosario que vos pode servir de modelo, quitando o contido. Premer

A oración composta ( reforzo e ampliación)


Material:
  • Libro de texto (lembrade que no centro se emprega outra terminoloxía).
    • Páx 82-83
    • 224-225
    • 248-249
  • Esquema ( terminoloxía tradicional)
  •  No seguinte enlace hai un esquema dos distintos tipos de oracións para a clasificación (actitude do suxeito: enunciativas, ...; natureza do predicado). Preme
ACTIVIDADES
(Nota: Non se pretende que se analicen en árbore os distintos tipos de oracións. As expectativas son máis baixas. Trátase que se identifiquen os tipos ( simple composta, coordinada, subordinadas -xa vistas na aula- e as funcións, para permitir o voso progreso no futuro):

Na seguinte presentación tés  un esquema da oración composta e exemplos de análises .Se premes no ollo,  aparece a análise paso a paso. Vai premendo na pantalla para ver como se vai facendo a análise.

mércores, 6 de maio de 2020

TRADUCIÓN.Relatos en cadea

Tradución:
  • Relatos en cadea 5. Preme
    • Facer tradución cun procesador de textos
    • Enviar pdf á o correo da profesora. Asunto: RELATOS EN CADEA 5
    • Data:  Ata o 12 de maio
  • Relatos en cadea 4. Preme
    • Facer tradución cun procesador de textos
    • Enviar pdf á o correo da profesora. Asunto: RELATOS EN CADEA 4
    • Data:  antes de 25 de abril
  • Solución (Relatos en cadea 3). Corrixe a túa tradución

venres, 1 de maio de 2020

ORTOGRAFÍA


Material novo e recompilado

Teoría e práctica ( revisar o apéndice do libro de texto)


  • Palabras con dificultade ortográfica ( teoría e práctica). Ficha
    • Facer e arquivar no caderno
    • Entrega :  
      • Ata luns, 11 de maio
      • Asunto: DIFICULTADE ORTOGRÁFICA   
  •  Ficha de ortografía  B/V. ( Teoría e práctica). Preme
    • Facer e arquivar no caderno ( non é preciso imprimir)
    • Entrega:
      • Ata luns, 11 de maio
      • Asunto: ORTOGRAFÍA B-V
      2.ABREVIACIÓN.  Estudar páxinas 112 e 144. Esta presentación  pódeche axudar a estudar o tema. Apéndice do libro de texto: páx. 272)
    • Facer, no caderno,  os exercicios do libro seguintes: 
      • Páx 113: 1,2,3 e 4
      • Páx 115: 12,13 e 23
      • Páx 145: 1,2 e 3
      • Páx 147: 12, 21 e 22
        • Entrega: enviar fotografías ou pdf (Asunto: ABREVIACIÓN)
        • Data : antes do 29 de abril
      • FICHA DE REFORZO (Teoría e práctica).Preme
      • Arquivar no caderno
      • Entregar: enviar fotografía ( Asunto: ABREVIACIÓN II) 
      • Data entrega : antes do 30 abril
    1.ORTOGRAFÍA (H).
  • Ficha de ortografía para repasar o H.(Teoría e práctica)
      • Libro de texto. Apéndice:  páx 289-290
      • Facer e arquivar no caderno
      • Enviar fotografía ao meu correo ( Pór como ASUNTO: ORTOGRAFÍA H)