Para saber o prazo de entrega das cousas imos empregar o calendario de gogle calendar. Está nas lapelas do blog. Aquí un enlace.
Se vedes que estes prazos non se poden cumpriri avisade ás vosas delegadas para ver outro prazo.
xa están marcados o control de sintaxe e o de Matarte lentamente, coa correspondente entrega de traballos.
venres, 27 de marzo de 2020
sábado, 21 de marzo de 2020
LIBRO DE LECTURA (3ª)
Para ir adiantando, imos cambiar o libro de lectura da 3º avaliación. O que había era moi longo. Imos pór dous máis curtos. Como non podedes saír á rúa, vouvos pasar eu un pdf deles e. Ao ser máis curto lévame menos facer o pdf.
Nun prazo prudencial facemos o control on line. Así xa levamos traballo adiantado . Quen non o faga agora, farao ando comecen as clases.
O PRIMEIRO LIBRO:
( Este libro está dispoñible en Galicia Le, unha plataforma de préstamos de libros electrónicos e non só. Debido á situació que estamos atravesando ten unhas posibidadades de facerse socio dende a casa). Aquí tes o enlace
De todas as formas eu vou colocar aquí o PDF .
Presentación da lectura
Vídeo:
TRABALLOS:
Presentación da lectura
Vídeo:
- Glosario.Debe ser cun procesador de texto. Terá portada e glosario ( entre 40 e 60 palabras). Entregarase por correo, en pdf, co asunto GLOSARIO MATARTE LENTAMENTE e o nome e curso e d@ alumn@. Deberá respectar as seguintes pautas.
- Traballo oral: lectura capítulo 42. Enviar audio co seguinte asunto: 4º A ( ou C) MATARTE LENTAMENTE
venres, 20 de marzo de 2020
Repaso. Ortografía
1. Ficha de ortografía para repasar o H.
- Facer ou arquivar no caderno
- Enviar fotografía ao meu correo ( Pór como ASUNTO: ORTOGRAFÍA H)
CORRECCIÓN. Sintaxe
Consulta os vídeos. Son correlativos. Xa están todos eses exercicios corrixidos
Preguntade, se tedes dúbidas
mércores, 18 de marzo de 2020
CORRECCIÓN.Relatos en cadea 2
Corrixe o teu relato en cadea:
- Rúbrica do exercicio
- Tradución
- Arquiva o exercicio corrixido no teu cartafol
martes, 17 de marzo de 2020
Corrección. Artigo opinión :Políticos. Rosa Montero
Vas ti corrixír o teu resumo
- Aquí tes o resumo feito por min
- Aquí tes a rúbrica (aspectos a observar e posibles puntuacións) . Compárao co teu orixinal
- Volve facer un resumo, tendo en conta o meu e todos os parámetros observables.
- Envía á profesora un pdf co exercicio xa corrixido e limpo. Ten en conta:
- Pasar o corrector ortográfico ao texto. Preme
- Debes ter en conta e coidar os parámetros que puntúan. Ver a rúbrica
- No arquivo debe, ao final, figurar o número de palabras dentro dunhas parénteses e o nome do alumno ou alumna
- Envialo nun correo a iconcepcion@iesdavidbujan.com, como arquivo adxunto
- Pór como asunto: RESUMO CORRIXIDO POLÍTICOS
- Prazo: domingo 29 de marzo (23:55). Vai contar para a segunda avaliación, porque xa se fixera na aula.
luns, 16 de marzo de 2020
Repaso. Sintaxe. Oración simple
Repaso de sintaxe: Oración
- Teoría e práctica
- Vídeos que atopei sobre algunhas funcións que poden ser útiles
- Páxinas do libro que traballan cada unha das funcións:
- Suxeito e predicado: páxinas 110 e 111).
- Complemento directo, indirecto e axente: páxinas 142 e 143
- Complemento circunstancial e suplemento ( ou complemento preposicional): páxinas172 e 173.
- O atributo e o predicativo : páxinas 198 e 199
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)






